Organize/gl

From Wikipedia 10
Jump to navigation Jump to search
Queres organizar unha festa de aniversario para a Wikipedia? Podemos axudarche.
Anota o teu evento usando os pasos descritos abaixo para obter publicidade, produtos gratis de aniversario, axuda coa prensa e máis.
Paso 1: Revisa a lista de eventos

Asegúrate que non exista xa un evento na túa cidade revisando a lista na páxina principal.

Paso 2: Crea a páxina do teu evento

Crea unha páxina acerca do teu evento engadindo o nome da cidade debaixo (por exemplo, "Santiago"). Despois, fai clic no botón "Crea o teu evento".

Paso 3: Engade o teu evento á lista

Engade o teu evento á lista para que poida difundirse.

Recursos para organizadores

10-love cmyk.svg

Este sitio será un punto de encontro para que todo o mundo se decate do que estás facendo, como poden participar como asistentes ou como voluntarios, e obter camisetas e outros produtos.

Obter publicidade e axuda coa comunicación coa prensa

Se creaches un evento e xa o listaches aquí en Wikipedia 10, estaremos en contacto para axudarche a promocionalo tanto como necesites. Teremos un conxunto de materiais de prensa que poderás descargar pronto.

Obter produtos de aniversario gratuítos

Teremos camisetas gratis, botóns, adhesivos e outros produtos de aniversario para que os regales no teu evento ós asistentes. Todo o que necesitamos para enviarche unha caixa de produtos promocionais é unha lista completa do evento neste wiki. Estaremos en contacto cos organizadores do evento (a información de contacto debe ser parte do listado) para ter os detalles de a onde chos enviaremos.

Se queres crear os teus propios produtos adaptados baseados en deseños con licencia libre, agradeceriámoscho.

Mantente en contacto

  • Despois de que engadas o evento á lista, se che interesa, podes unirte á lista de correo para estar informado das noticias sobre o décimo aniversario.
  • Se tes preguntas sobre como a Fundación Wikimedia pode axudar ó teu evento, non dubides en falar con Steven Walling do Departamento de Comunidade da Fundación.